Trátase dunha feira que, resultará de moito interese para os profesionais que son do sector da hostalería e restauración xa que esta feira constitúe unha excelente oportunidade de negocio.
A Feira do produto gourmet galego en Pontevedra
Etiqueta Negra volverá reunir durante tres días e nun mesmo espazo a profesionais do sector, produtores e consumidores co fin de coñecer as tendencias do mercado, identificar novas liñas de negocio e difundir a excelencia dos produtos gourmet e delicatessen galegos.
Xunto á zona expositiva a organización ten previsto un amplo programa de actividades arredor do gourmet e a alta gastronomía. Así, apoiando esta iniciativa estarán prestixiosos chefs con distincións como Estrelas Michelín ou Soles Repsol do país como Pepe Solla, Lucía Freitas, Héctor López e Iñaki Bretal, que compartirán cartel con cociñeiros emerxentes como Rubén González. Estes profesionais protagonizarán demostracións de cociña e conferencias arredor do produto gourmet galego. Completando o programa a Feira contará tamén con presentacións de produto, catas comentadas e talleres específicos sobre café ou empratado, por exemplo. Así mesmo, dispon dun Punto de Encontro Profesional que é tamén unha gran plataforma de negocio para as empresas do sector. Neste espazo e, ao longo das tres xornadas de feira, desenvolveranse numerosas reunións dos expositores con exportadores, distribuidores, tendas gourmet, restauradores, etc, como apoio ao acceso en novos mercados e a expansión dos seus negocios.
Etiqueta Negra nacía no 2016 coa vocación de converterse nun dos eventos gastronómicos máis destacados de Galicia, cita ineludible para os amantes da gastronomía de calidade. Na pasada edición máis de 6.500 persoas visitaron o evento. Nesta edición a expectativa é superar esta cifra con creces. Ademais, xa están máis de 90 produtores confirmados.
Visita a Etiqueta Negra 2018
Visita profesional para os asociados de FEPROHOS, para calquera das tres xornadas da Feira. Para iso deberá de poñerse en contacto connosco para acreditarse. Para facelo tan só nos ten que enviar o nome das persoas que desexen acudir e a que empresas pertencen, co fin de poder preparar ditas acreditacións ao enderezo electrónico da entidade organizadora comunicacion@etiquetanegragourmet.com ou no número de teléfono 986 846 045.
Estarán dispoñibles no acceso da feira para os tres días do evento.
Ademáis pode consultar a toda a programación que se desenrrolará durante os tres días e a través destes dous enlaces poderá coñecer a oferta de talleres que se ofrecen nesta edición e máis o listado de produtores que nos van acompañar.
https://etiquetanegragourmet.com/tenda/
https://etiquetanegragourmet.com/expositores/
Se desexa coñecer como foi a edición de 2017 pode facelo aquí: Feira 2017