Xornada Técnica de Prevención de Riscos Laborais
|29 Setembro | 17.30
Un ano mais, a Federación Provincial de Empresarios de Hostelería de Pontevedra (FEPROHOS), coa súa intención de fomentar a cultura preventiva dentro do sector da hostalería está a organizar no Centro de Formación de Hostelería unha nova xornada Técnica para todos aqueles traballadores, empresarios, desempregados e interesados en xeral en adquirir coñecementos relacionados coa prevención de riscos laborais e toda a súa normativa asociada.
Nesta ocasión, Óscar Fernández Perelló, Xefe de Equipo e Técnico Superior en Riscos Laborais do Servizo de Prevención Alleo Unipresalud, relatará aos participantes cal e a Definición de Incidente, Accidente e Enfermidade Profesional explicando en qué se diferencian, así como é o proceso da Investigación dos accidentes que se producen na empresa, cales son as obrigas dos empresarios e traballadores ao seu respecto e cales son as pautas que se establecen na lei para realizalo correctamente.
A asistencia será gratuita e se emitirá certificado de asistencia previa solicitude.